lunes, 27 de enero de 2014



Inmigrantes eles

Os que non souberon chegar ao pan
nin á lúa do desexo,
souberon traballar na liada
crendo que iso era a mansión
dos que son listos.

Non puideron espirar os ventos das
chairas
onde as vacas daban leite de sobra
para encher a gorxa
do cor da mestura.

Viñéronse de volta chorando,
decindo que aquilo non era certo,
só era a maneira de mollar
as lembranzas das súas penas
cos petos cheos de sol.

Tiñan frío no coiro
e fame na gorxa.
Eran xente de labranza
cun sacho de tres libras
para escanizar  a paciencia
na leira das súas almas.